Estás a ver as publicacións marcadas coa etiqueta Eventos. Ver todas as publicacións.
Estás a ver as publicacións marcadas coa etiqueta Eventos.Ver todas as publicacións.

Ciencia e pseudociencia: Por que cremos en cousas raras?

Anotade na axenda: 10 de febreiro ás 20h no Pub O Garaxe de Carral. Alá dará unha palestra a nosa psiquiatra favorita, Iria Veiga, membro da Coordenadora do Movemento Galego de Saúde Mental e autora do blogue O outro lado do espello.

O evento está organizado pola Asociacion Ecocultural Lacrar e leva por título Ciencia e pseudociencia: Por que cremos en cousas raras?. O Pub O Garaxe está na rúa Alcalde Francisco Javier Alvajar, 5 de Carral (podes ver aquí a localización no Google Maps).

Totem e tabu: Mitos e médias verdades sobre a doença mental

O próximo 27 de xaneiro ás 20h, haberá unha interesante palestra en Ferrol, na Fundaçom Artábria, co título «Totem e tabu: Mitos e médias verdades sobre a doença mental». A encargada de falar será a psiquiatra Iria Veiga que, alén de ser membro da Coordenadora do Movemento Galego de Saúde Mental, ten tamén un fantástico blogue chamado O outro lado do espello.

A palestra falará sobre o que é e o que non é unha doenza mental, sobre a psiquiatría como disciplina, e sobre as cuestións sociais e políticas relacionadas con esta materia na Galiza de hoxe.

A Fundaçom Artábria encóntrase na Travesía Batallóns, 7, en Ferrol. Se non sabes chegar, podes ver as indicacións no Google Maps.


Teatro solidario: Con saias e a rachar

TRiSMuS, o grupo de teatro da Facultade de Medicina, representa mañá no Auditorio Abanca a versión teatral do filme Some Like It Hot (Con saias e a rachar en galego, Con faldas y a lo loco en castelán). Todo o diñeiro recadado irá para a Fundación Andrea de apoio aos nenos con doenzas de longa duración, crónicas ou terminais.

Cando?
Cuarta feira, 11 de maio de 2016, ás 20h30.

Onde?
Auditorio Abanca, rúa do Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela (ver no Google Maps).

Canto?
As entradas véndense no despacho de billetes do auditorio no mesmo día a partir das 15h30. O prezo xeral é de 5€, ou 3€ no caso de ser universitaria. Todo o diñeiro recadado irá para a Fundación Andrea.

Quen?
TRiSMuS é un grupo de teatro fundado en 1995 na Facultade de Medicina da USC, que busca a aprendizaxe de técnicas de interpretación e representación sen ánimo de lucro. Deste xeito, cada ano imparten un curso anual para formar novos actores e actrices, que finalmente representan unha obra en que son recadados fondos para unha obra benéfica. En total levan feitas 16 obras, entre as cales hai moitas adaptacións sorprendentes, como o Pulp Fiction de Quentin Tarantino ou o Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo mais nunca se atreveu a preguntar de Woody Allen. E, á parte, tamén teñen organizado recitais de poesía e performances improvisadas.

Máis información no evento do Facebook: https://www.facebook.com/events/229664877397648/

Conversas desde o cinema: "A ética da comunicación médico-doente"

A Asociación de Usuari@s do Servizo de Oncoloxia do CHUS (AUSO CHUS), en colaboración coa Unidade de Asesoramento e Apoio Médico-Psicolóxico da USC (UASAMP) organizan a primeira sesión de Conversas desde o cinema.

Será unha mesa redonda onde, a partir dunha selección de secuencias do filme Wit (non ten versión en galego, en portugués chamouse Espírito de Coragem e en castelán Amar la vida), se debaterá sobre o tema da ética na comunicación médico-doente. Estará coordinado pola Dra. Isabel Salazar Bernard (a profesora que nos meus tempos daba Relación Médico-Doente, e así entre nós direi que é sen dúbida a profesora máis transgresora da Facultade, e isto é unha gabanza) e contará coa participación como convidados do Dr. Barón (oncólogo do CHUS), da Dra. Paula Antelo (médica de familia) e dun membro da propia asociación AUSO CHUS. Fóra disto, estará aberto á participación de calquera persoa do público en xeral.

Terá lugar na Facultade de Medicina da USC a quinta feira 28 de xaneiro ás 19h15.

Teatro solidario: A vida de Brian

TRiSMuS, o grupo de teatro da Facultade de Medicina, representa mañá no Auditorio Abanca a versión teatral de Life of Brian, o clásico filme dos Monty Python. Todo o diñeiro recadado irá para a Fundación Andrea de apoio aos nenos con doenzas de longa duración, crónicas ou terminais.

Cando?
Terza feira, 12 de maio de 2015, ás 20h30.

Onde?
Auditorio Abanca, rúa do Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela (ver no Google Maps).

Canto?
As entradas véndense no despacho de billetes do auditorio no mesmo día a partir das 17h30. O prezo xeral é de 5€, ou 3€ no caso de ser universitaria. Todo o diñeiro recadado irá para a Fundación Andrea.

Quen?
TRiSMuS é un grupo de teatro fundado en 1995 na Facultade de Medicina da USC, que busca a aprendizaxe de técnicas de interpretación e representación sen ánimo de lucro. Deste xeito, cada ano imparten un curso anual para formar novos actores e actrices, que finalmente representan unha obra en que son recadados fondos para unha obra benéfica. En total levan feitas 15 obras, entre as cales hai moitas adaptacións sorprendentes, como o Pulp Fiction de Quentin Tarantino ou o Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo mais nunca se atreveu a preguntar de Woody Allen. E, á parte, tamén teñen organizado recitais de poesía e performances improvisadas.


I Carreira Universitaria Solidaria (Run4Med)


O próximo 23 de abril ás 19h30, o estudantado de 6º de Medicina (promoción 2009-2015), xunto con Campus na nube, organiza unha carreira solidaria no Campus Vida de Compostela. O obxectivo é, alén de pasalo ben, recadar fondos para ARELA (asociación de apoio á infancia e á mocidade) e para ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galiza).