Aproveitando o Movember, quixen facer este pequeno vídeo para falarvos acerca do cancro de próstata e o cancro testicular. Non vos preocupedes, o vídeo é moi lixeiro e centrado na prevención, non vai cargado de datos e termos demasiado especializados. E se gostades, xa sabedes, subscribídevos ao canal do Youtube!
Estás a ver as publicacións marcadas coa etiqueta Vídeos. Ver todas as publicacións.
Estás a ver as publicacións marcadas coa etiqueta Vídeos.Ver todas as publicacións.
Como asoar o nariz correctamente
O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia está a publicar no seu canal do Youtube unha serie de vídeos divulgativos moi interesante chamada Consellos para vivir mellor. Neste primeiro explican o xeito certo de asoar o nariz, unha cousa que nos vén moi ben agora que comeza a época de gripes e catarros.
«O deterioro da sanidade pública nos últimos anos» en Nós Televisión
O canal Nós Televisión (que actualmente emite nas comarcas de Tabeirós-Terra de Montes, Deza, Arzúa, Terras de Melide, Ordes e Compostela a través da TDT, e para todo o mundo a través da Internet) fixo esta reportaxe sobre o estado da sanidade pública galega. O vídeo céntrase especialmente na área sanitaria de Compostela, e conta coa participación de integrantes da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.
Recomendo que deades unha ollada ao vídeo, e se vos gusta, subscribídevos ao canal do Youtube de Nós Televisión.
Recomendo que deades unha ollada ao vídeo, e se vos gusta, subscribídevos ao canal do Youtube de Nós Televisión.
Doe a sanidade
A xente do paso de ecuador de Enfermaría (da USC) levan feitos xa varios vídeos parodiando cancións. E dentro do clima de carallada decidiron sacar a vea reivindicativa e ver se algún dos partidos que se presenta ao 26X fai algo de caso. Porque a sanidade ten que ser pública, universal e gratuíta.
Nota: O vídeo este está moi ben, mais teño que dicir que o meu favorito é o de Help enfermeiro!
Nota: O vídeo este está moi ben, mais teño que dicir que o meu favorito é o de Help enfermeiro!
O entrevistador entrevistado
Un día andaba eu a gravar entrevistas na rúa para Macarrones con tomate (tipo as que fixemos no Expotaku, mais doutro vídeo que sairá proximamente), cando un grupo de rapaces se achegou a min para... entrevistarme!
Estaban a facer un vídeo para un concurso de ciencia, e fixéronme tres preguntas de lóxica. E non é por me gabar, mais dixéronme que fora o único que acertara todas. De todos os xeitos, no vídeo final só puxeron unha delas, e... e vaia, que vexades o vídeo, que é moi interesante!
Estaban a facer un vídeo para un concurso de ciencia, e fixéronme tres preguntas de lóxica. E non é por me gabar, mais dixéronme que fora o único que acertara todas. De todos os xeitos, no vídeo final só puxeron unha delas, e... e vaia, que vexades o vídeo, que é moi interesante!
O que NON facer en caso de engasgamento
Hai máis dun ano do vídeo O que NON facer en caso de desmaio, e a xente xa estaba a pedir na rúa unha secuela, unha segunda parte que continuase a épica historia do rapaz que non sabe o que facer nos casos de urxencia médica. E como eu me debo ao meu público, aquí a está.
Engasgarse, ou atragoarse, é cando un anaco de comida obstrúe a vía aérea e impide respirar con normalidade. É importante salientar que o vídeo está orientado a cando a obstrución é completa e non se pode respirar. Se a obstrución é so parcial e a persoa está a tusir, o único que cómpre facer é animala a que continúe a tusir para expulsar a causa da obstrución. Se é total, como di o vídeo no final (SPOILER! si, ao final di o que SI facer) o primeiro que hai que facer é dar 5 golpes enérxicos e secos entre as omoplatas co calcañar da man. Se isto non funciona, pásase ao que se coñece como manobra de Heimlich, que consiste en pórse detrás da persoa, colocar a man feita puño un pouco por riba do embigo (no epigastrio, concretamente) e apertar con forza 5 veces. Se non vai, repítese o proceso até que o expulse. E se se pon morado e se desmaia, non queda máis que facer masaxe cardíaca (ollo, só cardíaca, non insuflar) e agardar pola ambulancia.
A miña estrea como reporteiro
Xa teño falado aquí de Macarrones con tomate, que é o nome baixo o cal eu e os meus amigos vascos facemos vídeos. Desta volta decidimos facer algo un pouco diferente ao que viñamos facendo, e demos en facer entrevistas divertidas nunha nova serie de vídeos chamada Haciendo la calle. E, como non, tocoulle facer de reporteiro a este humilde blogueiro que vos escribe. Penso que aínda non o fixen mal de todo.
NOTA: Creo que no anterior parágrafo batín o récord de usar máis veces o verbo facer e as súas formas conxugadas. Que alguén avise á xente do Guiness ou algo.
Que vén sendo a homeopatía?
Xa vos avisara de que habería novos vídeos no Youtube d'As MIR e unha noites, non avisara? Decidín comezar coa homeopatía, un tema interesante que máis ou menos domino, do cal xa teño escrito algúns artigos pola Internet adiante. Perdoade se o tema xa vos parece demasiado trillado, mais por algún tiña que comezar.
Gustaríame moito que escribísedes nos comentarios do vídeo no Youtube cal é a vosa opinión, que cousas mellorariades do vídeo e crítica construtiva en xeral. Prometo tomar boa nota para telo en conta nos seguintes vídeos que faga. E non vos esquezades de subscribirvos no canal!
Ah! O artigo da Cochrane ao que fago referencia no vídeo é «Homeopathy: what does the “best” evidence tell us?».
Día 1001: Un novo comezo
Hoxe o blogue As MIR e unha noites fai mil e un días. Mil e un días de loitas contra inimigos, de pedir desexos ás bólas do dragón, dalgunha vitoria e moitas derrotas. Mais todo iso fica atrás. É a hora de se preparar para a vinganza. É a hora dun novo comezo.
O vídeo foi gravado coa axuda dos meus amigos de Irun, cos cales me xunto para facer vídeos baixo o nome de Macarrones con tomate. Se tendes un momento podedes subscribirvos no noso canal do Youtube, que axiña terá vídeos novos. E non vos esquezades de subscribirvos tamén no canal d'As MIR e unha noites, que tamén haberá sorpresas logo.
P.S: Se no vídeo notades a miña voz un pouco rara, máis nasal do habitual, é porque ando con catarreira. Laméntoo moito, prometo coidarme máis para que nos próximos vídeos poidades gozar da miña doce e cálida voz en óptimas condicións.
P.S: Se no vídeo notades a miña voz un pouco rara, máis nasal do habitual, é porque ando con catarreira. Laméntoo moito, prometo coidarme máis para que nos próximos vídeos poidades gozar da miña doce e cálida voz en óptimas condicións.
Recompilación dos videomemes #2MIR16
Durante os últimos meses fun facendo videomemes coa escusa do MIR 2016 e publicándoos nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram). Como penso que quedaron curiosiños, polo menos algúns, decidir recompilalos todos un único vídeo e subilo ao Youtube. Así poderá ficar como testemuño dos efectos nocivos do estudo intenso sobre as capacidades creativas dunha persoa.
«A estafa dos L. Casei», o piloto dunha serie que non foi adiante
A comezos do verán, a xente de IrmandadeTV púxose en contacto comigo. Estaban a buscar persoas para faceren vídeos curtos, estilo vlog, sobre diversos temas, para emitilos a través da Internet e dalgúns canais de televisión de ámbito local. Deste modo, unha tarde fun até o seu estudio e gravamos un episodio piloto.
Por desgraza, parece que IrmandadeTV está a pasar por un momento complexo e aínda non volveu retomar as emisións, polo que a estas alturas a serie de vídeos que tiña pensada facer non vai ir xa adiante. Entón, para que non se perda, partillo aquí ese piloto do que puido ser e non foi.
A felicidade de ter un brazo enxesado
Walker Clark é un neno que tivo a mala sorte de caír e quebrar o brazo en dous sitios. Como a fractura estaba desprazada, déronlle uns calmantes (ketamina e propofol) para que non lle doese mentres traccionaban para pór o óso no sitio. Unha vez xa enxesado o brazo, como os medicamentos aínda lle facían efecto, o neno ía adormecendo e despertando cada pouco, e cada vez que despertaba e vía o xeso tiña unha reacción como a que vedes neste vídeo.
A conclusión é: que fácil é facer feliz un neno, e como nos complicamos a vida as persoas adultas.
A conclusión é: que fácil é facer feliz un neno, e como nos complicamos a vida as persoas adultas.
Que é a vida? É a morte real?
Que é a vida? Onde está a liña que separa as cousas vivas das cousas mortas? E se non podemos morrer porque nunca estivemos vivos nun primeiro lugar? Este vídeo divulgativo, a medio camiño entre a ciencia e a filosofía, fala sobre o tema. Dádelle unha ollada!
Nota: Asegúrate de activar as lexendas en galego!
Nota: Asegúrate de activar as lexendas en galego!
MIRex Adapt
Este é un dos vídeos da Gala dos Óscars de Medicina 2013, en que adaptaron o anuncio de Evax Adapt. Porque o estudantado de Medicina da USC vale moito!
Chapando
A xente de sexto de Medicina fixo vídeos moi bos este ano, mais a de terceiro non lle queda atrás. Mirade que videoclip xenial fixeron versionando unha canción de Enrique Iglesias, e sen cobrar subvencións da Xunta nin nada.
LipDub Medicina USC 2009-2015
Simplemente abraiante. Este ano superaron o resto de promocións, incluída a miña, e por moito. Non teño nada máis que dicir.
Vídeo do acto das promocións anteriores:
How I Met Your Doctor
A Gala dos Óscars da Medicina deste ano foi boa. Moi boa. Fixeron varios vídeos xeniais, como Top Med con Meaños-Chicote ou O último licenciado, ao estilo dos documentais de Félix Rodríguez de la Fuente. Mais sen dúbida foi este que aquí vos poño o que máis me fascinou de todos. Mesmo modificaron a letra en inglés para que cadrase, tivese sentido e rimase! It's legend -wait for it- dary!
Nota: Se non vistes How I Met Your Mother (en que cova vivistes os últimos 10 anos?), o vídeo é unha versión da canción Nothing Suits Me Like a Suit, coa que celebraron o 100º episodio da serie.
Oppan Farma Style
Hoxe fai anos a miña amiga Paula (que xa ten colaborado neste blogue), e pensei... que mellor maneira de felicitala que facendo que pase vergoña? Por iso hoxe quero compartir convosco este vídeo que fixo con outras compañeiras da promoción 2007-2013 para Farmacoterapia. Parabéns, Paula!
LipDub Medicina USC 2008-2014
Despois de publicar o LipDub da promoción 2006-2012 e o Flashmob da promoción 2007-2013, era de xustiza facer o propio co vídeo da promoción 2008-2014. O que está claro é que, en orixinalidade, ninguén gaña á xente de Medicina.
Como pór as vacinas a un neno
As inxeccións doen, mais existe un analxésico capaz de evitar calquera dor, o riso. Oxalá de pequeno tivese un pediatra como ese. Oxalá de grande sexa un pediatra como ese.