O próximo 27 de xaneiro ás 20h, haberá unha interesante palestra en Ferrol, na Fundaçom Artábria, co título «Totem e tabu: Mitos e médias verdades sobre a doença mental». A encargada de falar será a psiquiatra Iria Veiga que, alén de ser membro da Coordenadora do Movemento Galego de Saúde Mental, ten tamén un fantástico blogue chamado O outro lado do espello.
A palestra falará sobre o que é e o que non é unha doenza mental, sobre a psiquiatría como disciplina, e sobre as cuestións sociais e políticas relacionadas con esta materia na Galiza de hoxe.
A Fundaçom Artábria encóntrase na Travesía Batallóns, 7, en Ferrol. Se non sabes chegar, podes ver as indicacións no Google Maps.
Dende Irún igual che queda un pouco lonxe Ferrol, unha mágoa que non podas estar. Grazas pola difusión!
ResponderEliminar