O camiño cara ao MIR 2015


É oficial, o sábado comecei na academia o curso de preparación para o MIR 2015. Comeza agora un longo camiño de máis dun ano, onde terei que sacar as dúas espiñas que me faltan para licenciarme e estudar duro para conseguir esa praciña de Pediatría pola que devezo.

P.S: A pesar do logo, non, non vou facer referencia ningunha á relaxing cup of café con leche. Iso sería demasiado fácil.

1 comentario:

  1. Gústame o cambio do blogue. Máis profesional e máis bonito.

    ResponderEliminar