Día 77: A historia dunha derrota

Hai 77 días, estaba convencido de que o lograría. Pensaba que, a pesar todo, aprobaría. Que podería licenciarme, presentarme á próxima convocatoria do MIR e ser pediatra que sempre quixen ser. Cría de verdade que con esforzo, constancia e actitude un pode conseguir todo o que se propoña.

Que enganado estaba.

De todos os obstáculos que tiña que superar para chegar á meta, batín cos fociños no primeiro. Dous exames en setembro, un verán a estudar, cero aprobados. Suspenso en Dermatoloxía e Médica 3, as dúas materias que me faltan para licenciarme.

Terei que agardar un ano máis para poder ser médico.

1 comentario:

  1. Mucho ánimo Jon, sé perfectamente como te sientes xq a mi el año pasado me pasó lo mismo que a ti... Vas a lograr ser el mejor pediatra del mundo, ya lo verás, todo lo bueno se hace esperar
    Ánimo campeón
    Besitos

    ResponderEliminar