Nunca vos pasou iso de que, despois dunha desgraza, comeza unha serie de sucesos desafortunados? Como ese momento en que estás a lavar a louza, cáeche un prato e escacha, e cando o vas recoller córtaste, e do corte incorpóraste de golpe e bates coa cabeza contra unha esquina...
Pois a Derma foi o prato que me caeu ao chan e o exame de Médica 3 de hoxe foi o golpe na cabeza.
Sacaron unha plantilla, pero ten unha parte mal corrixida, entón até que saquen a plantilla definitiva non saberei as preguntas que teño ben ou mal. E mesmo que a saquen, non estou seguro de se vela ou agardar que me chegue a nota.
Non sei. Dóeme a cabeza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario