Días 59 e 60: Amigdalite


Nestes momentos na miña gorxa está a ter lugar unha cruenta batalla. Dun lado, os invasores estreptococos asedian incesantemente as amígdalas. Do outro, batallóns de leucocitos resisten estoicamente mentres un exército de antibióticos chega para apoialos pola retagarda. Resoan gritos de guerra, voan anticorpos e os cadáveres tinxen o campo de batalla dunha cor purulenta.

E eu, entrementres, estou tirado na cama con dor de cabeza e febre, coas caixas da mudanza a medio facer e sen poder repasar a Derma para o exame do día 6.

2 comentarios:

  1. Animo ,puedes con esto y con mas

    ResponderEliminar
  2. Si, o que queiras, pero esqueceches por a parte mais interesante: douche diarrea ou non o amoxiclavulánico??

    Cynthia

    ResponderEliminar