Fermín, traumatólogo: «Meses de incerteza e ideas delirantes e hipocondríacas»


Fermín Barreiro estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, presentouse ao exame MIR en 2013 e actualmente é R1 de Traumatoloxía no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol (CHUF). Explícanos aquí como foi a súa experiencia co MIR en forma de historia clínica.


MOTIVO DE CONSULTA
Avisan d'As MIR e unha noites para valorar experiencia MIR.

ANTECEDENTES PERSOAIS
  • Non AMC.
  • Licenciado en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (2006-2012).
  • Preparación de convocatoria MIR en CTO e presentación en febreiro de 2013.

ENFERMIDADE ACTUAL
Paciente que acode por presentarse ó examen MIR con diagnóstico favorable. Despois de pasar uns meses de elevada incerteza acompañada de ideas delirantes e hipocondríacas escolle praza en abril. Actualmente R1 de COT no CHUF.

EXPLORACIÓN FÍSICA
  • BEX, COC, NH, NP, afebril.
  • CeC: Sen adenopatías, sen IVX.
  • ACP: Rítmico, sen sopros. MVC.
  • ABD: Brando, depresible, non doloroso. Sen masas nin megalias.
  • MMII: Pulsos simétricos palpables.

PROBAS COMPLEMENTARIAS
Rx tórax: Sen alteracións.
TAC cerebral (preMIR): (Copio informe radiolóxico) “Sin datos de patología vascular aguda en el momento actual. Se aprecia importante desarrollo de sustancia gris cerebral compatible con época de aprendizaje acelerado reciente (correlacionar con la clínica). Seno longitudinal superior colapsado”.
TAC cerebral con contraste (posMIR): “Respecto a TAC anterior se observa importante atrofia cerebral difusa. Zona preservada de materia gris que cacta contraste en lóbulo parietal izquierdo en relación con el área que controla las habilidades manuales y mecánicas. Se recomienda ingreso y gammagrafía urgente”.

XUÍZO CLÍNICO
Residente de Traumatoloxía en CHUF.

RECOMENDACIÓNS Á ALTA
  • Repouso relativo e inmobilización en cadeira de estudo ata o día do exame.
  • Deambulación en carga parcial asistida por bastóns.
  • Analxesia habitual se precisa.
  • Alprazolam 0.5 1 comp. á noite se sae mal o simulacro.
  • Hibor 3500U / 24 horas para profilaxe tromboembólica.
  • Continuar recomendacións do Dr. Abuín.
  • Control en consultas de Traumatoloxía en 6 semanas con Rx de control.
  • Se complicación ou mala evolución reacudir ó MIR.

Ningún comentario:

Publicar un comentario