A depresión

A depresión é silenciosa. Calquera persoa pode caer nela.
E como se fose unha máscara, a xente ocúltaa cun sorriso e un "estou ben".
Ninguén máis ca ti pode decatarse, porque disfrazala é fácil.
Canto máis ánimo mostres, menos van sospeitar.
Mais non podes ocultalo para sempre.
Todo o mundo chega ao seu límite.
Mais non fai mal.
Non teñas vergoña, hai xente aí que te comprende.
Hai amor e apoio ao teu redor. Falando con outras persoas podes conseguir
a axuda e a seguranza que necesitas para loitar por superala. Xuntas.
Es unha persoa valiosa. Es unha persoa querida. Non estás soa.
Ten paciencia con todo, mais por riba de todo, ten paciencia contigo.
Olla para cada día como unha oportunidade de crecer.
Sempre habemos de estar aquí, á túa espera.

Autora | Colleen Butters

Ningún comentario:

Publicar un comentario