3 cancións sobre o paracetamol

A canción médica é un xénero pouco visibilizado, mais a súa vitalidade é indiscutíbel. Da alegría dominicana de Juan Luis Guerra e o seu "La Bilirrubina á ironía inglesa do "Anaesthetics Hymn" de Amateur Transplants, pasando polos ritmos brasileiros d'Os Seminovos e a "Canção da depressão", a temática médica é un continuo na música ao redor do mundo. Porén, de entre todas as cancións médicas, un medicamento prevalece como o tema máis musicado: o paracetamol. Así, hoxe faremos un repaso ás cancións máis senlleiras sobre o paracetamol.


No ano 2007 o Trío Zapatista tróuxonos das Illas Canarias esta canción titulada, simplemente, "Paracetamol". ¡Ay cómo mol! ¡Ay cómo mol! ¡Ay cómo mola el paracetamol!


No ano 2009 o galego Biez Corp. decidiu dedicarlle este rap titulado "La canción del paracetamol". Aínda así, fallou o asesoramento médico á hora de escribir a letra, xa que teima en dicir que o paracetamol combate cos virus. Un 10 en flow, un 0 en rigor científico. Paracetamol, mol, mol, paracetamol, te baja a ti la fiebre, te calma a ti el dolor, paracetamol, mol, mol, paracetamol, pelea con los virus, es la mejor solución.


En 2012 tocoulle a vez aos vascos. Un grupo de Gazteiz chamado Proyecto Postilla fixo unha canción heavy dedicada ao Paracetamol. Heavy? É ese o xénero? Non o sei, pero gritan moito. Vede o vídeo baixo a vosa propia responsabilidade. Non digades que non avisei. ¿¡Dónde está mi paracetamol!?

E até aquí a lista. Existen infinidade de cancións máis dedicadas ao paracetamol. Algunhas moi inquietantes, outras outras moi delirantes. Aínda así, preferín deixalo aquí polo ben do meu estado mental. E do voso.

P.S: Existe un grupo vigués chamado, apropiadamente, Paracetamol. Fano ben, mais canto a bandas galegas con nomes de medicamentos eu son máis da Terbutalina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario