Escoita a voz deste coral – Non fumes


Un coral formado por 12 pacientes larinxectomizados, vítimas do tabaco, sorprendeu o público do auditorio do MASP que agardaba unha presentación do Coral da Universidade de São Paulo, un dos máis famosos da cidade de São Paulo. Creada para o A.C. Camargo Cancer Center, a acción incluíu as cancións "All you need is Love" e "She loves you", dos Beatles, interpretadas polos pacientes. O obxectivo foi alertar as persoas do principal factor de risco do cancro de larinxe, o tabaquismo. Acompañados por fonoaudiólogos da institución paulista, os pacientes que compoñen o Coral Sua Voz (a maioría por riba dos 60 anos) usan voz esofáxica, prótese, larinxe electrónica, fala bucal ou articulación de sons.

Ningún comentario:

Publicar un comentario