Así foi o primeiro ano da vida de Ward Miles, un bebé nacido 15 semanas antes de tempo e pesando apenas 700 gramos. O vídeo foi creado polo pai, Benjamin, como regalalo á nai da critura, Lyndsay Miles. Curiosamente, o día en que Lyndsay facía 32 anos tamén facía un ano desde o día en que o bebé saíra do hospital, co cal o regalo non puido ser máis oportuno.O pequeno Ward pasou os seus primeiros 107 días de vida internado no hospital. No décimo día, segundo as imaxes do TAC, tiña sangrado en ambos os hemisferios cerebrais. Segundo a escala de Fisher, que vai do 0 ao 4 segundo aumenta a gravidade, tiña un 2 nun hemisferio e un 4 no outro. Afortunadamente, a día de hoxe todo pasou, o neno xa ten 16 mesiños, está a aprender a andar e comeza a dicir as súas primeiras palabras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario