Día 45: Grazas!

Hai 45 días comecei o blogue sen maior pretensión que ter un bonito recordo desta fase da miña vida. Aos poucos fun tendo algún comentario dalgunha amizade e mesmo de persoas que non coñecía directamente, polo que acabei facendo unha páxina do Facebook hai 5 días.

O que nunca imaxinei é que a día de hoxe tería 66 persoas que seguen a páxina do Facebook e levaría 2822 visitas no blogue. Incluso teño trolls que fan montaxes como a seguinte baseándose nas miñas aventuras (grazas, enfeitizador!).


Só podo dicir... grazas. Porque cada vez que leo un comentario ou vexo un gústame no Facebook, sinto que non estou só, que teño xente atrás que me apoia. E, cando estás a piques de acabar a licenciatura e enfrontarte ao exame que decidirá o teu futuro, sentirte apoiado é moi importante.

P.S: Ah! E parabéns para a miña irmá, Naiara, que hoxe fai 19 aniños!

1 comentario:

  1. E non me chamou troll... (ノσ_σ)ノ⌒ ┻┻

    Parabéns, a seguir enchendo de contido o blogue, e sorte cos exames.

    ResponderEliminar