Día 34: Setembro no punto de mira

Como lembraredes teño dúas materias pendentes, Médica 3 (Neuroloxía, Neurocirurxía, Traumatoloxía, Reumatoloxía e Xeriatría) e Dermatoloxía, cuxos exames son os días 6 e 16 de setembro. Entón, dado que as datas cada vez están máis próximas, toca darlles un repaso ben fondo. Grazas ao meu titor de AMIR xa teño un horario de estudo para todo o mes. Agora só resta cumprilo.

Saudiña!

Nota: Que? Non todas as publicacións do blogue poden ser interesantes ou divertidas, a miña capacidade ten uns límites. Tamén está ben de cando en vez pór así cousas informativas para que a miña nai, asidua lectora miña, saiba que estou a estudar e non a andar de can por aí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario