A situación da sanidade en Portugal


A raíz da publicación no Facebook dun vídeo sobre as longas esperas nas urxencias dos hospitais do Norte de Portugal, unha alumna portuguesa que estuda Medicina en Compostela púxose en contacto connosco para falarnos un pouco máis acerca da situación da sanidade lusa. Segundo nos conta, no Algarve atinxíronse tempos medios de espera nas urxencias de 24 horas. A isto acrecenta que no hospital de Portimão, pertencente ao Centro Hospitalar do Algarve, están esgotados varios fármacos en todas as posoloxías e vías de administración, entre os cales o salbutamol, a azitromizina, a eritromicina e varios outros. Tamén escasea material como gasas e catéteres, todo isto unido á inexistencia dun considerábel número de especialidades.

A estudante achéganos tamén dúas das últimas informacións que se tornaron públicas. A primeira nova, intitulada «183 médicos do Centro Hospitalar do Algarve denunciam "degradação dos cuidados de saúde"» fala da carta enviada por estes facultativos á dirección do centro, na cal explican cousas tales como que «frequentemente são adiadas cirurgias programadas, por falta de material cirúrgico», as «habituais as faltas de material de uso corrente, como seringas, agulhas, luvas» ou que profesionais e doentes son frecuentemente confrontados «com faltas de medicamentos (doentes oncológicos e com doenças autoimunes, por ex.) com graves reflexos na saúde destes (aumento da morbilidade e provável aumento da mortalidade a curto/médio prazo) e com repercussões diretas negativas sobre os indicadores hospitalares, como a demora média de internamento e aumento dos reinternamentos». Tamén baten contra o presidente do Conselho de Administração, Pedro Nunes, a quem acusan de comportarse de «forma autocrática». A carta íntegra pódese ler na web de Sul Informação.

Na segunda nova, «Cidadãos podem juntar-se ao processo cautelar contra fecho de valências no Hospital de Portimão», denúnciase a «extinção das urgências cirúrgicas de especialidades no Hospital de Portimão e a transferência de tais valências para o Hospital de Faro». É importante resaltar que a distancia entre Portimão e Faro son 66 km, o que supón 50 minutos de condución, aproximadamente igual que á que separa Santiago de Compostela da Coruña.

Finalmente, a dita estudante conclúe a súa mensaxe coas seguintes palabras, que vou transmitir literalmente a seguir:
«Me gustaría tener palabras para describir la frustración que siento cuando salgo del Clínico, después de una mañana normal de prácticas y pienso en cómo está Portugal, justo aquí al lado. Por si importa para algo, mi opinión sincera: aprovechad vuestro sistema de sanidad, porque, si os acercáis al país de al lado y por algún motivo necesitáis un hospital público… Vais a desear nunca haber ido.

Perdona por el mensaje larguísimo, pero la verdad es que me cuesta ver a mi país deteriorarse tanto. Sólo deseo que España, si no puede mejorar, que continúe como está ahora y que yo, personalmente, pueda algún día pagar la inconmensurable deuda que tengo para con vosotros por la oportunidad que me habéis dado de estudiar lo que siempre he querido.»

Ningún comentario:

Publicar un comentario