Vivir cunha doenza crónica



Hank Green é un tipo xenial. Eu souben del por SciShow, un canal do Youtube sobre ciencia que presenta, pero ten varios proxectos sobre tecnoloxía e preservación do medio ambiente. Tamén é coñecido por facer cancións e ser un enorme fan de Harry Potter. En definitiva, é un tipo que quererías ter como amigo.

No vídeo da cima, Hank cóntanos como é padecer unha doenza crónica, no seu caso colite ulcerosa. A súa vida mudou cando foi diagnosticado, mais non para mal, para diferente. Ten que levar sempre uns pantalóns de reposto, interromper reunións para ir correndo ao baño ou cagar en lugares inhóspitos, pero non é a fin do mundo. Escoitade a súa historia, paga a pena.

E si, o vídeo está en inglés e non hai subtítulos. Síntoo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario