Día 67: O gato alfa


Este é un dos meus acompañantes na miña vida de ermitán. Chámase α, un nome un pouco raro, pero non fun eu quen llo puxen. É moi mala persoa, se cadra polo feito de non ser unha persoa en absoluto. Pola contra é moi bo gato e fai todo o que fan os gatos de verdade: ronrona, miaña, caza roedores, lambe os testículos... e, sexamos sinceros, é moi riquiño, va que si?

P.S: Nunca botedes spray insecticida nun avespeiro se non queredes fuxir correndo perseguidos por unha lexión de avespas rabiosas. Facédeme caso, eu tiven que aprendelo do xeito difícil.

1 comentario:

  1. "El gato demonio", así se llama, sino pregunta...ya verás :)

    ResponderEliminar