Aplicativo para Android d'As MIR e unha noites


Cando fixen propaganda do xogo Sopas Galegas xa vos contei que xunto co meu amigo Javi temos montada unha malvada multinacional de desenvolvemento de aplicativos para Android chamada Debullapps. Pois ben, hoxe o que vos presento é a nosa última creación, o aplicativo oficial d'As MIR e unha noites.

O aplicativo d'As MIR e unha noites para Android é o xeito máis cómodo para poder ler o blogue en calquera momento e lugar. Desde el podedes ver todas as entradas cunha interface adaptada aos móbiles e deixar comentarios do mesmo xeito que no computador. De momento é iso, algo moi sinxelo, pero se botades en falta máis opcións ou características comentádeas e miraremos de incluílas.

Actualización: No momento actual o aplicativo d'As MIR e unha noites xa non está dispoñíbel e eu non teño ningún tipo de vinculación con Debullapps. Mais descargade as apps de Debullapps de todos os xeitos, molan bastante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario