Día 51: Tecido sen tecer

Hai tempo, durante as miñas prácticas de Oftalmoloxía, tirei unha foto a este paquete de material médico. Non me quero anoxar... pero é que se é tecido... COMO CARALLO VAI ESTAR SEN TECER!? O tecido é tecido, faise tecendo! Se non se tece non é tecido, son fíos ao chou! Ou imaxinades no medio dunha guerra o soldado dicindo "desculpe sarxento, o acoirazado afundiu... é que era un acoirazado sen acoirazar"? Ou a min dicindo "si, son licenciado en Medicina sen licenciar"? Pois non! Porque iso é enganar a xente! Ou é ou non é!

Non vos decatades de que se continuamos con isto estamos a dar unha escusa perfecta ao goberno? "Non, non che podemos dar o subsidio, porque es un desempregado sen desempregar". "Sentímolo, non tes dereito á atención sanitaria gratuíta, es un asegurado sen asegurar". Non, non podemos permitilo! Paremos esta tolemia antes de que sexa tarde de máis!

4 comentarios:

  1. Yo te entiendo Jon, es un sinsentido como la vida misma

    ResponderEliminar
  2. Caro Jon. A vida mesma é um sem-sentido :-)

    ResponderEliminar
  3. Que fas estudando iso rapaz? Vanche mellor as "Ciencias Políticas". A mín convencéchesme coas túas frases que "se entenden sen entenderse". ;)

    ResponderEliminar
  4. Joam Paz (@John_Galiza)16:34 do 30 de xuño de 2014

    A medicina é especialista em inventar termos equívocos. Por exemplo o de "cirurgia nom invasiva". Um raio laser é invasivo? E um ultrassom? Porque umha cousa é que nom doa e outra que o teu corpo nom seja "invadido" ;-))

    ResponderEliminar