tag:blogger.com,1999:blog-70780011220057155392024-02-19T09:01:09.029+01:00As MIR e unha noitesA historia dun médico que non deu aprobado o MIRUnknownnoreply@blogger.comBlogger344125tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-47246519931722642972018-01-21T15:59:00.001+01:002022-08-11T20:17:40.490+02:00O día que 'As MIR e unha noites' acabou
Sabedes cando estades a escoitar música cos auriculares, a música acaba e continúas cos auriculares postos? Pois iso é o que acontece con As MIR e unha noites. A música acabou hai moito tempo, mais eu continuaba cos auriculares postos, negándome a aceptar o silencio. Este blogue significou moito para min. Foi a miña vida, a miña ilusión, o meu xeito de me mostrar ao mundo. Foi o meu compañeiro e testemuña durante un tempo moi decisivo. E foi, por riba de todo, a historia do meu fracaso.

Non me entendades mal, non foi un fracaso o blogue. Se mesmo cheguei a falar na radio del! O fracaso foi a miña vida. O fracaso, en definitiva, fun eu. Mais o fracaso non é algo mao, todo o contrario. O fracaso é a oportunidade de aprender, de crecer, de encontrar novos camiños. E o meu camiño afastouse do MIR e deste blogue.

Se queredes continuar a ler cousas escritas por min, están todas recolectadas en blogue.amil.gal. Alí hai artigos antigos escrito por min en moitos sitios diferentes, e alí estarán os novos artigos que escriba no futuro.

E para concluír, xa que le roubei a House o logo deste blogue, voume apropiar tamén dunha das cancións que usan nesa serie. Porque eu non conseguín o que quería. Porque non sempre podes conseguir o que queres.

Unknownnoreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-89055615964174243562017-03-05T13:06:00.000+01:002017-03-05T13:06:59.147+01:00As aventuras do Dr. Sito: As lentes

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-57965598836942383022017-02-01T11:27:00.000+01:002017-02-01T11:27:10.226+01:00Ciencia e pseudociencia: Por que cremos en cousas raras?

Anotade na axenda: 10 de febreiro ás 20h no Pub O Garaxe de Carral. Alá dará unha palestra a nosa psiquiatra favorita, Iria Veiga, membro da Coordenadora do Movemento Galego de Saúde Mental e autora do blogue O outro lado do espello.

O evento está organizado pola Asociacion Ecocultural Lacrar e leva por título Ciencia e pseudociencia: Por que cremos en cousas raras?. O Pub O Garaxe está na rúa Alcalde Francisco Javier Alvajar, 5 de Carral (podes ver aquí a localización no Google Maps).

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-2135442358755191332017-01-31T10:54:00.001+01:002017-02-01T11:27:34.936+01:00Nenas con pene e nenos con vulva

Antes de chegar á universidade, na química que estudei no bacharelato, aprendín que trans é aquel esteroisómero no cal os substituintes están en lados opostos da dupla ligazón (no caso dos alquenos) ou en caras opostas (no caso dos cicloalcanos). Máis tarde, xa na facultade de Medicina, aprendín que os ácidos graxos trans son aqueles ácidos graxos saturados que teñen unha configuración xeométrica trans. Estes ácidos graxos trans forman graxas trans, que se encontran en alimentos sometidos a procesos de hidroxenación. Estas graxas, que melloran a frescura e textura dos alimentos, son prexudiciais para a saúde, aumentando os niveis de lipoproteínas de baixa densidade (o coñecido como colesterol mao) e o risco de padecer doenzas do corazón e certos cancros.

Ben, antes de continuar, perdoade o tixolo que vos acabei de soltar. Serve para explicar o meu argumento. Todo isto aprendino durante a miña formación, e non só. A xente que non estudase unha carreira de ciencias seguro que ten ouvido falar das malvadas graxas trans algunha vez. En programas destes de saúde da televisión, en anuncios de alimentos superchachis para a saúde que non levan nadiña de graxas trans, ou sairía o tema nalgunha conversa con alguén. Fálase disto abertamente. Sen complexos. Sen tabús. Mais resulta que as graxas non son o único trans que existe.

En ningún momento da miña formación falaron das persoas trans. Ou, se o fixeron, foi de maneira anecdótica e sen explicar en absoluto o tema. Na televisión, o único referente que existiu foron parodias supostamente humorísticas de homes disfrazados de muller. Na publicidade, nos anuncios, nos programas de saúde... nada. E nas conversas coa xente, o máis achegado foron chistes de travelos.

Non quero nin pensar cantas veces, por inconsciencia e ignorancia, fixen sentir mal a alguén que non se identificaba co xénero que lle fora imposto pola sociedade. Cantas veces repetín as condutas tránsfobas que vira, sen saber o que era a transfobia. Sen saber sequera o que é o xénero e a diferenza que existe entre este e o sexo.

Por todo isto son tan necesarias as campañas como a que está a realizar a asociación Chrysallis Euskal Herria. Nas paradas de bus de 4 capitais euscaldunas (Donostia, Gasteiz, Bilbo e Iruñea) hai grandes cartaces con nenas e nenos debuxados e o texto "Hai nenas con pene e nenos con vulva. Así de sinxelo". E realmente é así de sinxelo. Esta campaña é un xeito simple e directo de mostrar a realidade tal e como é. Para dar visibilidade a un colectivo marxinado e deostado. Para educar persoas ignorantes coma min.

Nota: Este artigo é un remake do artigo Trans que publiquei orixinalmente no Portal Galego da Língua. Se a Hollywood lle vai ben facendo remakes, non vexo por que eu non debería facelos. É ou non é?

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-65849116023511380482017-01-24T09:11:00.002+01:002017-01-24T09:11:43.054+01:00Totem e tabu: Mitos e médias verdades sobre a doença mental

O próximo 27 de xaneiro ás 20h, haberá unha interesante palestra en Ferrol, na Fundaçom Artábria, co título «Totem e tabu: Mitos e médias verdades sobre a doença mental». A encargada de falar será a psiquiatra Iria Veiga que, alén de ser membro da Coordenadora do Movemento Galego de Saúde Mental, ten tamén un fantástico blogue chamado O outro lado do espello.

A palestra falará sobre o que é e o que non é unha doenza mental, sobre a psiquiatría como disciplina, e sobre as cuestións sociais e políticas relacionadas con esta materia na Galiza de hoxe.

A Fundaçom Artábria encóntrase na Travesía Batallóns, 7, en Ferrol. Se non sabes chegar, podes ver as indicacións no Google Maps.

Unknownnoreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-27215068002390474622016-12-28T21:27:00.000+01:002016-12-28T21:30:17.087+01:00#HistoriasPsicotécnicas: O home que xa vía ben
Como médico aínda sen especialidade, levo tempo empalmando (he, he) traballos como médico xeral facendo recoñecementos en centros psicotécnicos. Porque comer hai que comer. En fin, deixando a miña vida de lado, o caso é que teño vivido neste tempo varias historias curiosas. E xa que teño un blogue, quero compartilas convosco. Para iso vou usar o hashtag #HistoriasPsicotécnicas, e aquelas que ocupen menos de 140 caracteres irán no Twitter (@MIReunhanoites), mentres que as máis longas irán aquí. Entón, sen máis enredar, vai a primeira delas, que dei en chamar O home que xa vía ben.

Estaba eu coa miña compañeira psicóloga na recepción do psicotécnico, no mostrador situado á entrada para, como é obvio, recibir a xente que entra. E entrou un home. E recibímolo. O home en cuestión contounos que tiña no permiso de condución, desde hai 8 anos, a restrición de ter que usar lentes para a miopía. Porén, despois da súa última visita á óptica, xa non as necesitaba. Á vista desta recuperación repentina da capacidade visual, quería como é obvio retirar a restrición de usar lentes do seu permiso. Até aquí, todo ben.

Ler máis »Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-69618033222620980452016-11-15T14:07:00.000+01:002016-11-15T14:07:41.836+01:00#Movember, cancro de próstata e cancro testicular

Aproveitando o Movember, quixen facer este pequeno vídeo para falarvos acerca do cancro de próstata e o cancro testicular. Non vos preocupedes, o vídeo é moi lixeiro e centrado na prevención, non vai cargado de datos e termos demasiado especializados. E se gostades, xa sabedes, subscribídevos ao canal do Youtube!
Unknownnoreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-40500924287973687242016-11-04T11:49:00.000+01:002016-11-04T11:49:29.439+01:00Como asoar o nariz correctamente

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia está a publicar no seu canal do Youtube unha serie de vídeos divulgativos moi interesante chamada Consellos para vivir mellor. Neste primeiro explican o xeito certo de asoar o nariz, unha cousa que nos vén moi ben agora que comeza a época de gripes e catarros.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-66440801285586574922016-11-03T11:42:00.000+01:002016-11-03T11:42:18.244+01:00A campaña de vacinación contra a gripe de Osakidetza

O pasado 17 de outubro comezou a campaña de vacinación contra a gripe de Osakidetza, o servizo vasco de saúde (equivalente ao noso Sergas). Até aquí todo normal, é unha cousa que se fai todos os anos, mais o que me fascinou desta vez é a promoción que lle están a facer. Dade unha ollada aos cartaces.

(Preme nas imaxes para velas en grande)

E non pensedes que van ao miúdo. Non se conforman con mandar un tríptico con esas imaxes por correo e ter os cartaces tamaño folio nas paredes dos hospitais e centros de saúde, non. Imaxinade a miña cara de fascinación cando pasei por diante do ambulatorio e vin isto na fachada.

A Forza é poderosa en Osakidetza.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-65530616988824375522016-10-04T11:40:00.000+02:002016-10-04T11:40:13.869+02:00A depresión

A depresión é silenciosa. Calquera persoa pode caer nela.

Ler máis »Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-72738703190716196382016-10-03T12:18:00.000+02:002016-10-03T12:18:17.375+02:00Sénteste só?

Sénteste só? Simplemente lembra que non estás só. NUNCA estás só.

Fonte | Bird and MoonUnknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-36734492655895334942016-09-21T14:23:00.000+02:002016-09-21T14:23:07.023+02:00«O deterioro da sanidade pública nos últimos anos» en Nós Televisión

O canal Nós Televisión (que actualmente emite nas comarcas de Tabeirós-Terra de Montes, Deza, Arzúa, Terras de Melide, Ordes e Compostela a través da TDT, e para todo o mundo a través da Internet) fixo esta reportaxe sobre o estado da sanidade pública galega. O vídeo céntrase especialmente na área sanitaria de Compostela, e conta coa participación de integrantes da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.

Recomendo que deades unha ollada ao vídeo, e se vos gusta, subscribídevos ao canal do Youtube de Nós Televisión.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-81455926350883465502016-09-19T13:47:00.000+02:002016-09-19T13:47:00.133+02:00Os xenitais e o uso de armas
Neste verán estiven a traballar nun centro de recoñecementos médicos e psicotécnicos. Entre outras cousas, eu era o encargado de facer o recoñecemento médico á xente que quería obter ou renovar a licenza de armas. Todas as limitacións ou restricións para posuír unha licenza de armas figuran no Real Decreto 2487/1998, co cal me tiven que familiarizar para poder facer o meu traballo de maneira competente. Até aquí, todo ben.

Unha das cousas que máis me chamou a atención dese Real Decreto é que tivese un apartado dedicado ás doenzas xinecolóxicas. Quero dicir, é lóxico que haxa restricións ao uso de armas por perda da capacidade visual, por problemas neurolóxicos ou mesmo por diabetes. Mais que problemas xinecolóxicos podían supor un risco para o uso de armas? Pois alá fun mirar, e depareime con este cadro.

Podes ver o texto completo na web do BOE

Ler máis »Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-77831207720668347272016-08-02T11:16:00.001+02:002016-08-02T11:20:39.703+02:00Ser científico é unha actitude

Este artigo, escrito por este humilde blogueiro, foi publicado orixinalmente na páx. 68 do número 35 de Auriensis, a revista do Colexio de Médicos de Ourense.

Esta é unha pequena captura da revista. Se queredes lelo enteiro, baixádea en pdf.

Hai unhas semanas gravei un vídeo titulado “Que vén sendo a homeopatía?”. Para facelo, achegueime a unha farmacia que vendía produtos homeopáticos, para ver como os presentaban alá á xente común. O que me contaron non importa agora, podedes velo no Youtube se queredes, o que me chamou a atención foi outra cousa. A farmacéutica díxome, textualmente, que ela non era científica.

A Farmacia é unha carreira do ámbito das ciencias da saúde. E, segundo a RAG, científica é aquela persoa especialista nunha ciencia. Entón, calquera persoa que teña o título de Farmacia é, por definición, unha científica. Por que aquela farmacéutica non se consideraba científica?

A resposta veu despois, nunha conversa sobre o tema cun amigo químico. Ou sexa, un amigo que estuda Química, non é que use “amizade química” como eufemismo para unha relación afectiva. O meu amigo e eu temos bastante química, mais nunca pasamos ao plano físico. En fin, que me vou do tema. O caso é que tanto el coma min nos consideramos científicos, aínda que nos dediquemos a diferentes ámbitos da ciencia, e chegamos a unha conclusión sobre o verdadeiro significado de ser científico.

A RAG dirá o que queira, mais ser especialista nunha ciencia non fai de ti un científico. Podes ser farmacéutica, químico, médico ou física cuántica, iso non te converte en científico. Ser científico é ser escéptico, non acreditar en supersticións nin crenzas non demostradas. Ser científico é procurar a verdade, sen preconceptos nin apriorismos. Ser científico é ser capaz de mudar o teu pensamento se a realidade demostra algo contrario ao que pensabas. Ser científico é, en definitiva, unha actitude.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-17648041231707931562016-06-15T02:46:00.000+02:002016-06-15T02:51:28.112+02:00Doe a sanidade

A xente do paso de ecuador de Enfermaría (da USC) levan feitos xa varios vídeos parodiando cancións. E dentro do clima de carallada decidiron sacar a vea reivindicativa e ver se algún dos partidos que se presenta ao 26X fai algo de caso. Porque a sanidade ten que ser pública, universal e gratuíta.

Nota: O vídeo este está moi ben, mais teño que dicir que o meu favorito é o de Help enfermeiro!
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-69964033711032986292016-06-11T15:54:00.000+02:002016-06-11T15:54:30.996+02:00Quen pode ver a historia clínica?

IMAXE EN TAMAÑO COMPLETO

CRÉDITOS | Tradución ao galego do cadriño ¿Quiénes son confidentes necesarios?, de @mlalanda para medicoacuadros.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-9371279150863744682016-05-26T17:55:00.000+02:002016-05-26T17:57:12.794+02:00O día que saín nun filme

Como xa adiantara no artigo sobre o meu bigote, onte fun de figurante á rodaxe de Aundiya (variante dialectal de handia, que significa grande). O filme, para que saibades un pouco, é dos mesmos creadores de Loreak, o que fora preseleccionado para os Oscars no ano pasado. O argumento baséase nunha historia real, a do xigante de Altzo, un euscaldún de 2,42 metros que viviu hai 150 anos.

Mais eu vouvos contar a miña experiencia como figurante. Todo comezou comigo collendo o bus para ir a Honddarbi (que é como a xente guai do Bidasoa chamamos a Hondarribia). O Google Maps, máis unha vez, salvoume o cu. Non é por gabar eu á multinacional, mais a verdade é que mesmo che di a que hora pasa o bus pola parada máis próxima, cousa que non din nin na páxina oficial dos buses. Cheguei alá media hora antes, por causa dos horarios, e decidín ir tomar un café para facer tempo. E non encontrei cafetaría ningunha. Dei voltas pola parte vella de Honddarbi, mais nada. Vese que alá non traballan o negocio das cafetarías. Salóns de peiteado, iso si, vin mínimo tres. Non sei que quererá dicir iso sobre os hondarribitarras.

Ler máis »Unknownnoreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-11741396746380452062016-05-23T23:23:00.000+02:002016-05-24T15:41:05.593+02:00O día que deixei bigote
Se cadra o feito de que xa compartira por aquí varios vídeos meus vos fixo sospeitar algo, mais o caso é que me gusta actuar. E si, facer vídeos parvos no Youtube encántame, mais dei en apuntarme nunha axencia de casting e figuración chamada Binahi, por se podía facer algo máis serio. E efectivamente, chamáronme para facer de figurante nun filme euscaldún chamado Aundiya (working title). Vaia, ser figurante é apenas estar no fondo, desenfocado, a facer vulto. Mais é un comezo, e nunca antes vira como se fai un filme de dentro.

A gravación das escenas en que saio eu é pasadomañá, e hoxe tiña que ir a Loiola (Donostia) facer a proba de vestiario. Como vivo en Irun, a forma máis cómoda de ir é nun tren lixeiro da empresa Euskotren chamado coloquialmente topo, aínda que agora teiman en chamarlle Metro Donostialdea. Deben pensar que así poden dicir que Donostia ten metro, e darlle como máis caché á cidade, mais é absurdo. O topo é o topo e punto. A verdade é que, nomenclatura á parte, funciona moi ben. Cada media hora sae un tren de Hendaia a Donostia e tarda uns 35 minutos en chegar. E o prezo, pagando coa Mugi Txartela (o cartón de transporte de Gipuzkoa), non chega aos 1,50€.

Como non sabía moi ben onde quedaba o sitio onde me citaban, tiven que me axudar do Google Maps. Cando cheguei alá, un edificio isolado e algo ruinoso, ao carón do río Urumea, non daba topado a porta para entrar. Afortunadamente, viña atrás outro figurante que me indicou a entrada. Moi simpático o tipo, dito sexa de pasaxe. Xa dentro, mentres agardabamos, deume unha amena perorata sobre o bo actor que era, os anos de interpretación que fixera e o hijos de puta [sic] que era toda a xente no mundo do cinema español.

Ler máis »Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-77575545353550637412016-05-19T12:56:00.000+02:002016-05-19T12:56:23.823+02:00O entrevistador entrevistado

Un día andaba eu a gravar entrevistas na rúa para Macarrones con tomate (tipo as que fixemos no Expotaku, mais doutro vídeo que sairá proximamente), cando un grupo de rapaces se achegou a min para... entrevistarme!

Estaban a facer un vídeo para un concurso de ciencia, e fixéronme tres preguntas de lóxica. E non é por me gabar, mais dixéronme que fora o único que acertara todas. De todos os xeitos, no vídeo final só puxeron unha delas, e... e vaia, que vexades o vídeo, que é moi interesante!
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-29395375924627583502016-05-10T18:29:00.000+02:002016-05-11T01:15:15.906+02:00Unha guía rápida para detectar ciencia mal feita

IMAXE EN TAMAÑO COMPLETO

CRÉDITOS | Tradución ao galego da infografía A Rough Guide to Spotting Bad Science de Compound Interest.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-19117364842817612432016-05-06T16:07:00.001+02:002016-05-06T16:07:25.750+02:00Teatro solidario: Con saias e a rachar

TRiSMuS, o grupo de teatro da Facultade de Medicina, representa mañá no Auditorio Abanca a versión teatral do filme Some Like It Hot (Con saias e a rachar en galego, Con faldas y a lo loco en castelán). Todo o diñeiro recadado irá para a Fundación Andrea de apoio aos nenos con doenzas de longa duración, crónicas ou terminais.

Cando?

Cuarta feira, 11 de maio de 2016, ás 20h30.

Onde?

Auditorio Abanca, rúa do Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela (ver no Google Maps).

Canto?

As entradas véndense no despacho de billetes do auditorio no mesmo día a partir das 15h30. O prezo xeral é de 5€, ou 3€ no caso de ser universitaria. Todo o diñeiro recadado irá para a Fundación Andrea.

Quen?

TRiSMuS é un grupo de teatro fundado en 1995 na Facultade de Medicina da USC, que busca a aprendizaxe de técnicas de interpretación e representación sen ánimo de lucro. Deste xeito, cada ano imparten un curso anual para formar novos actores e actrices, que finalmente representan unha obra en que son recadados fondos para unha obra benéfica. En total levan feitas 16 obras, entre as cales hai moitas adaptacións sorprendentes, como o Pulp Fiction de Quentin Tarantino ou o Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo mais nunca se atreveu a preguntar de Woody Allen. E, á parte, tamén teñen organizado recitais de poesía e performances improvisadas.

Máis información no evento do Facebook: https://www.facebook.com/events/229664877397648/

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-36840401635589555592016-05-05T20:38:00.000+02:002016-05-05T20:38:06.226+02:00O que NON facer en caso de engasgamento

Hai máis dun ano do vídeo O que NON facer en caso de desmaio, e a xente xa estaba a pedir na rúa unha secuela, unha segunda parte que continuase a épica historia do rapaz que non sabe o que facer nos casos de urxencia médica. E como eu me debo ao meu público, aquí a está.

Engasgarse, ou atragoarse, é cando un anaco de comida obstrúe a vía aérea e impide respirar con normalidade. É importante salientar que o vídeo está orientado a cando a obstrución é completa e non se pode respirar. Se a obstrución é so parcial e a persoa está a tusir, o único que cómpre facer é animala a que continúe a tusir para expulsar a causa da obstrución. Se é total, como di o vídeo no final (SPOILER! si, ao final di o que SI facer) o primeiro que hai que facer é dar 5 golpes enérxicos e secos entre as omoplatas co calcañar da man. Se isto non funciona, pásase ao que se coñece como manobra de Heimlich, que consiste en pórse detrás da persoa, colocar a man feita puño un pouco por riba do embigo (no epigastrio, concretamente) e apertar con forza 5 veces. Se non vai, repítese o proceso até que o expulse. E se se pon morado e se desmaia, non queda máis que facer masaxe cardíaca (ollo, só cardíaca, non insuflar) e agardar pola ambulancia.

Unknownnoreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-67892763981448611462016-05-03T20:23:00.000+02:002016-05-03T20:23:24.810+02:00Sobre o sketch de José Mota e o humor ofensivo

TVE pediu desculpa por este sketch médico logo de que un espectador o cualificase de "denigrante". Si, este sketch que vedes aquí arriba. Adiante, se aínda non o vistes, védeo. Eu espero por vós antes de continuar a escribir.

No sketch, como xa vistes, o doente pide ao médico que sexa 100% sincero, e este dille que ten unha doenza terminal e morrerá nun mes. Despois o doente pídelle só 60% de sinceridade, e finalmente 10%, e o médico vai rebaixando a gravidade da doenza en consecuencia. Apenas unha reflexión humorística acerca da sinceridade e de como a xente ás veces prefire crer na mentira para evitar unha verdade que lle causa malestar. Non hai ningún insulto ou vexación ao doente, non se burla del pola súa condición de doente terminal, nada. Vin o vídeo varias veces, mais non vexo a ofensa por ningún sitio.

Ler máis »Unknownnoreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-23349903821498362372016-05-02T22:58:00.000+02:002016-05-02T22:58:15.143+02:00A miña estrea como reporteiro

Xa teño falado aquí de Macarrones con tomate, que é o nome baixo o cal eu e os meus amigos vascos facemos vídeos. Desta volta decidimos facer algo un pouco diferente ao que viñamos facendo, e demos en facer entrevistas divertidas nunha nova serie de vídeos chamada Haciendo la calle. E, como non, tocoulle facer de reporteiro a este humilde blogueiro que vos escribe. Penso que aínda non o fixen mal de todo.

NOTA: Creo que no anterior parágrafo batín o récord de usar máis veces o verbo facer e as súas formas conxugadas. Que alguén avise á xente do Guiness ou algo.

Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-88709729154692007322016-04-21T14:07:00.000+02:002016-04-21T14:07:04.573+02:00Carta aberta de ME.I.GA.: «Por unha educación científica e racional»

A boa xente da asociación de estudantes ME.I.GA. pediume que axudase a difundir a súa carta aberta dirixida a Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa da Universidade de Santiago de Compostela. E eu fágoo de bo grado, porque as pseudociencias non poden ter cabida na universidade, e todas as iniciativas que se fagan son imprescindíbeis para lograr acabar con elas.

Por unha educación científica e racional: eliminemos as pseudociencias da nosa Universidade.

Dende a asociación de estudantes de Medicina ME.I.GA. (Medicina Intercambios Galicia) queremos transmitir o noso malestar tras coñecer as ofertas para a Universidade de Verán 2016 da Universidade de Santiago de Compostela. Entre as actividades ofrecidas puidemos atopar a segunda edición do curso “ONCOLOXÍA INTEGRATIVA: Integrando outras miradas no proceso de atención a pacientes oncolóxicos”, que consideramos contrarios a todos os principios científicos que rexen a nosa Universidade.

A oncoloxía integrativa promulga a utilización de “terapias complementarias e outras medicinas” para o tratamento dunha enfermidade tan grave como é o cancro. Entre as terapias defendidas atópase a acupuntura, a aromaterapia, a homeopatía, as plantas medicinais ou o emprego do visgo; todas elas consideradas pseudociencias e incontables veces desmentidas pola súa falta de base científica.

Como estudantes de Medicina, queremos que a nosa Universidade nos facilite a mellor formación posible, libre de bieses e baseada na evidencia científica. Como futuros profesionais, consideramos que a Medicina debe exercerse de forma ética e racional, aplicando aos doentes unhas terapias que se demostren efectivas e axeitadas despois dun estudo científico e crítico [1] . Por este motivo, é con grande pesar que observamos que dende un centro de saber como o noso se propoñan este tipo de actividades.

Son innumerables os estudos que desmenten estas “medicinas alternativas”. A maioría delas carecen de calquera fundamento científico, e o seu uso perpetúase alegando supostas propiedades que nunca foron probadas (como a memoria da auga no caso da homeopatía) [2] . Ata o momento actual, ningunha destas pseudociencias puido demostrar a súa eficacia ao comparala co placebo, sendo tan efectivas como a auga con azucre ou a imposición de mans [3, 4] . Ademais, a maioría dos estudos que tratan de apoiar estas terapias están realizados baixo condicións dubidosas, na maior parte das ocasións sen utilizar os estándares básicos da investigación actual, como os métodos de dobre cego [3, 4, 5] .

Estas pseudociencias poden ser moi prexudiciais para as persoas afectadas de cancro e outras enfermidades, posto que ao abandonar terapias avaladas pola evidencia científica vense abocados a unha morte segura [6] . Non queremos que se repitan casos como o de Mario Rodríguez, un paciente con leucemia que deixou o seu tratamento médico pola homeopatía e que faleceu tras 6 meses de sofremento.

Por todo o exposto anteriormente, gustaríanos que a nosa Universidade seguise o exemplo da Universidad de Sevilla, a Universidad de Zaragoza, a Universitat de Barcelona, a Universitat de València, a Universidad de Murcia, a Universidad de Córdoba e tantas outras que aos poucos van eliminando este contido falso e fraudulento dos seus currículos.

Así, solicitamos á Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa:

Que se revisen os criterios para aceptar os diferentes cursos da Universidade de Verán, imprimindo a estes un carácter verdadeiramente científico.

Que se cancele o curso de “ONCOLOXÍA INTEGRATIVA: Integrando outras miradas no proceso de atención a pacientes oncolóxicos” tanto para este como para futuros cursos da Universidade de Verán da USC.

Agardamos a súa resposta.

Reciban un cordial saúdo.

BIBLIOGRAFÍA

[1] Smith K. Homeopathy is unscientific and unethical. Bioethics. 2012; 26: 508-12.

[2] Ball Philip. The memory of water. Nature. 2004.

[3] Shang A, Huwiler-Müntener K, Nartey L, Jüni P, Dörig S, Sterne JAC et al. Are the clinical effects of homoeopathy placebo effects? Comparative study of placebo-controlled trials of homoeopathy and allopathy. Lancet. 2005; 366: 726-32.

[4] Colquhoun D, Steven N. Acupuncture is theatrical placebo. Anesth Analg. 2013; 116(6): 1360-63.

[5] Pittler MH, Abbot NC, Harkness EF, Ernst E. Location bias in controlled clinical trials of complementary/alternative therapies. J Clin Epidemiol. 2000; 53(5):485-9.

[6] www.whatstheharm.net

Unknownnoreply@blogger.com3