tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post8870972915469200732..comments2023-04-27T12:10:47.705+02:00Comments on As MIR e unha noites: Carta aberta de ME.I.GA.: «Por unha educación científica e racional»Unknownnoreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-13968503794341583432016-04-26T08:09:41.521+02:002016-04-26T08:09:41.521+02:00Ola Luis!
Cando falaba de crucifixos e estampiñas...Ola Luis!

Cando falaba de crucifixos e estampiñas referíame ás que traen os pacientes ó hospital cando teñen programada unha intervención cirúrxica. Tentaba ilustrar que non todo o que ten un efecto positivo na saúde (ó menos psícolóxica) da xente, ten unha evidencia científica de curación. Poden ser estampiñas, crucifixos, ramos de flores ou o boneco preferido de Charmander vaia.

Certo que non é unha comparación xusta ca homeopatía...como tampouco o é situala ó nivel da trata de persoas ou o tráfico de armas.

Polo demáis, convencido dos teus argumentos. Tedes o meu apoio para que decidan non oferta-lo curso. Anonimohttps://www.blogger.com/profile/15853358485089646987noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-15022777904392417512016-04-25T11:28:18.036+02:002016-04-25T11:28:18.036+02:00Ola! Gustaríame responder a este comentario como p...Ola! Gustaríame responder a este comentario como parte de MEIGA e impulsor desta carta, que foi escrita con bastante boa fe e ningunha prepotencia.

Hai tempo que xa non vemos nas habitacións do hospital nin estampiñas, nin santos, nin crucifixos, aínda que isto teña máis que ver coa liberdade relixiosa que cos milagres.

Non debemos esquecer que estas "terapias" son un fraude, que cada vez que aparecen nos medios de comunicación son chamadas de "medicina alternativa". A falta de desacreditación destas pseudociencias fai con que haxa familias que se agarren a elas, poñendo en perigo a súa vida e, sobre todo, a súa situación económica. Porque se contan por miles os mortos, pero por milleiros as persoas que perderon todos os seus cartos por agarrarse a estas cousas.

Consideramos que a USC, unha universidade PÚBLICA, pagada por todxs nós, non debería favorecer este tipo de actividades, que carecen de toda evidencia. Dende un centro coma o noso non deberiamos favorecer que se perpetúen as mentiras: acaso se deran un curso de astronomía na que se dixese que o sol roda arredor da Terra non pensariamos que é unha estupidez? Non quereríamos que se cancelase?
Ademáis, non debemos esquecer o poder lexitimador que ten a universidade. Non é o mesmo dicir que aprendeches aromaterapia oncolóxica no alpendre dun chamán que na Aula Castelao da Facultade de Medicina. Ao albergar estes cursos estase dando a imaxe de que a "oncoloxía integrativa" é algo que pode ter algo de científico, porque para algo se está dando na Universidade, non?

Cada un pode gastar os cartos no que queira, pero non se poden gastar os cartos de todxs en cousas que están demostradas como inútiles e que van en contra do coñecemento científico actual.

E sobre os cartos... Por que non legalizamos a trata de persoas con fins de explotación sexual (que representa unha parte importante do PIB do Estado) para remodelar o Álvaro Cunqueiro? Por que non aprobamos unha lei a favor do tráfico de armas para dotar de mellores medios ás escolas? Non debemos vendernos a calquera postor nin prostituir a universidade, e consideramos que a ética tamén deberías estar presenta á hora de gañar cartos.

Luís Agulleiro (que tamén está convencido da inutilidade das pseudociencias e quere facer algo para acabar con elas).Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/07302420236788987028noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-62051882278408059572016-04-24T12:05:35.211+02:002016-04-24T12:05:35.211+02:00Normalmente paréceme correcto todo o que publicas ...Normalmente paréceme correcto todo o que publicas pero; dende o respeto: as estampiñas de virxes e santos e os crucifixos tampouco teñen ningunha evidencia científica e non imos ir polas habitacións dos hospitais rompéndoas e dicindo "señora, esa representación dun xudeo desnutrido e torturado non vai exercer ningunha influencia positiva na curación do seu proceso. Non gaste os cartos nesa estafa". ¿Non sería maís interesante tentar comprender por qué se "agarra" a xente a esas prácticas e convencelos con argumentos da inutilidade das mesmas, en vez de adoptar unha actitude "prepotente" e prohibilas?. É un curso de verán, non unha asignatura obligatoria nun plan de estudios. Cadaquén gasta os cartos no que lle peta. Podes facer campaña en que é unha estafa (eu apoiareino) pero respectando ó veciño.
Se usan ese diñeiro dos cursos en contratar persoal docente para a USC, a homeopatía acabará tendo un sentido positivo na saúde non¿?

Fmdo: un científico que tamén está convencido da inutilidade da mesma, pero que aborrece a prepotenciaAnonymousnoreply@blogger.com