tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post3007975652497721326..comments2023-04-27T12:10:47.705+02:00Comments on As MIR e unha noites: Montse, médica de familia: «Sentidos e experiencia»Unknownnoreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-87926839369668740932015-08-11T16:58:29.254+02:002015-08-11T16:58:29.254+02:00Prezada Laura:
Estou en boa parte de acordo contig...Prezada Laura:
Estou en boa parte de acordo contigo, se ben parto dunha opinión un chisco diferente. Eu considero que a anamnese e a exploración se aprende facéndoa un mesmo, contando con alguén que nos titorice ao lado (que debemos ter tanto estudantes como residentes) que nos poida explicar algo que non sabemos e correxir os erros no caso de que os cometamos. No que ti dis de que se aprende vendo non estou tan de acordo, xa que os coñecementos que adquirimos "por ósmose" son certamente limitados e un mesmo debe aprender a explotar os seus sentidos.
Como ti dis e eu mencionei, a actitude positiva é algo que debe vir por ambos lados. Moitos tratan aos estudantes como un 5º membro pseudofantasma que os persegue por todos lados pero moi limitado no que lle deixan facer. Así que, por moi ilusionado que vaia a unhas prácticas ao final ese ánimo acaba decaendo. O de que os seminarios sexan a última hora paréceme o mellor do mundo dentro da actividade asistencial para un estudante, xa que nas plantas so esperas por algún resultado ou é cando te limitas a facer as altas, poden ir á maior parte das consultas e o quirófano pode resultarlles productivo se lles permiten botar unha man en algo (pero iso non adoita pasar). Por exemplo, nunha planta, considero que para eles é máis productivo poder historiar algún que outro ingreso e ir vendo como evolucionan os pacientes, que mirar para o adxunto ou o residente co que esté rotando cando fai un informe de alta.
E, por último, non considero que o primeiro día que un fai unha rotación sexa un determinante para ver se é un traballador nato ou non, principalmente porque aínda non se sabe como funciona un servizo e tes moito por diante que aprender, sen contar co estrés que nos pode xerar enfrontarnos a unha situación nova na que por riba temos unha grande responsabilidade. Evidentemente, pasar de todo non é unha opción, pero no que un non adquire uns coñecemos e unha sistemática pasa un tempo. Montsehttps://www.blogger.com/profile/05781092250372791998noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-52948524959111286082015-08-07T12:21:19.602+02:002015-08-07T12:21:19.602+02:00Totalmente dacordo. Pero unha pequena puntualizaci...Totalmente dacordo. Pero unha pequena puntualización.
Coido que a interrogar e a explorar se aprende vendo interrogar e explorar, e interrogando e explorando un mesmo.
Non digo que non teña parte teórica que hai que explicar nas aulas, que si. Pero creo que neste caso o fundamental son as prácticas.
Entón xa nos meteríamos en como están organizadas as prácticas (moi deficientemente, como ti dis).... pero tamén na actitude coa que se vai ás mesmas.
Tal e como están organizadas non é o mesmo ir con ganas de aprender... que ir coa idea de cubrir un papeliño de firmas, pasar toda a mañá mirando o móbil e marchar á 1 porque "temos seminario".
E partindo da mesma organización de prácticas, nótase o primeiro día de R1 en urxencias quen ía con unha actitude e quen ía coa outra.Lauranoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7078001122005715539.post-18136905378249484222015-08-06T20:48:43.201+02:002015-08-06T20:48:43.201+02:00Toda a razón...Toda a razón...alou988https://www.blogger.com/profile/13909989444989144298noreply@blogger.com