Totem e tabu: Mitos e médias verdades sobre a doença mental

O próximo 27 de xaneiro ás 20h, haberá unha interesante palestra en Ferrol, na Fundaçom Artábria, co título «Totem e tabu: Mitos e médias verdades sobre a doença mental». A encargada de falar será a psiquiatra Iria Veiga que, alén de ser membro da Coordenadora do Movemento Galego de Saúde Mental, ten tamén un fantástico blogue chamado O outro lado do espello.

A palestra falará sobre o que é e o que non é unha doenza mental, sobre a psiquiatría como disciplina, e sobre as cuestións sociais e políticas relacionadas con esta materia na Galiza de hoxe.

A Fundaçom Artábria encóntrase na Travesía Batallóns, 7, en Ferrol. Se non sabes chegar, podes ver as indicacións no Google Maps.


1 comentario:

  1. Dende Irún igual che queda un pouco lonxe Ferrol, unha mágoa que non podas estar. Grazas pola difusión!

    ResponderEliminar