Laura, cirurxiá: «Aos novos resis»


Este artigo é unha colaboración de Laura Fernández Saborido, unha residente de Cirurxía Xeral no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Se tu tamén queres colaborar con As MIR e unha noites, ponte en contacto pola páxina do Facebook ou o correo-e contacto@asmireunhanoites.com.

Foto dunha manifestación de residentes de 2007, tirada do xornal 20 Minutos.

Agora que vos incorporades, boto a vista atrás e penso naquelas cousas que me gustaría que me tivesen dito algunha vez, así como nas que me dixeron e me serviron de moito. Na residencia non só se aprenden algoritmos, tratamentos e diagnósticos diferenciais. Tamén é importante saber formar parte do hospital e saír vitorioso diso. Ao mellor non son os mellores consellos... pero son os meus consellos. Espero que vos sirvan de algo:

  • Preguntade, preguntade, preguntade. Non quededes con ningunha dúbida. Sodes R1, váisevos perdoar que non saibades calquera cousa. Aproveitade para preguntar todo, porque se non solucionades agora as vosas dúbidas, cando sexades resis maiores, aí si que non se vai perdoar. E sobre todo, dúbidas de actuación. As dúbidas teóricas pódense sacar dos libros. As formas de actuar ante determinadas situacións, non. Hai veces que parecerá mal cousas que facedes porque non sabedes facelas, e a xente presupón que si. Non vos preocupedes. Explicade por que o fixestes así, e preguntade como debedes facelo na próxima vez.
  • Non mintades nunca. Se non sabedes unha cousa, dicídeo. Se vos esquecestes de facer algo, dicídeo. Se vos equivostes en algo, dicídeo. Primeiro porque o ben do paciente sempre está por riba de todo. Segundo porque se a xente ve que sodes persoas sinceras, saberán que poden confiar en vós. Isto é importantísimo.
  • Estudade, estudade, estudade. Canto máis estudedes, máis notaredes a vosa rápida evolución. E diso vai depender o voso futuro. Canto máis base collades, sobre todo ao principio, máis progresión teredes ao longo da residencia.
  • Mostrade interese. Moito. O que máis se valora ao principio é a actitude. E... o que máis se valora máis adiante é a imaxe que teñen os teus adxuntos de ti. Como ao principio gañes mala fama, despois estarás perdido por moito que te mates en corrixila. Canto máis implicados se vos vexa, máis van tirar os vosos adxuntos de vós, e máis habedes de progresar.
  • Tede boas relacións coa xente. Con todo o mundo. Respectade todo o persoal, e tentade aprender o nome de todos. Non vos neguedes nunca a botar unha man a alguén, aínda que non sexa o voso deber estritamente. Nun hospital vas necesitar a axuda de todo o mundo, e nunca imaxinas cando alguén te pode sacar dun apuro, ás veces quen menos esperas. Canto mellor trates á xente, máis predisposta estará a ir máis alá do seu deber para che axudar nun momento determinado.
  • Non asumades responsabilidades que non vos competen. Sodes R1, tranquilos, xa teredes tempo de asumir responsabilidades. Malas novas, familias conflitivas, decisións clínicas relevantes... Apoiádevos sempre nun adxunto. Aínda que sexan as 5 da madrugada e estea o adxunto con peor carácter do servizo. O paciente é o importante. Chamade e preguntade, máis vale unha mala resposta que poñer en perigo a saúde dun paciente.
  • Desconectade do traballo. Importantísimo. Relacionádevos cos vosos coR doutras especialidades (non só da vosa). E con xente que non ten nada que ver co hospital. Buscade un momento para tomar algo ao final do día. Saíde a facer algo de exercicio. Buscade un tempiño para o voso lecer. E apoiádevos nos amigos. Para sobrevivir ao ritmo frenético da residencia é necesario non petar. E para iso é súper importante relacionarse. Tentade facer grupo desde o primeiro día, e mesmo buscar algún grupo social fóra do ambiente hospitalario. Aínda que ás veces esteades moi cansados ou que non vos chegue o tempo a nada... Tentade forzar ese tempo de lecer periódico. A vosa mente váivolo agradecer.

E despois destes consellos, unha advertencia e un desexo.

  • Advertencia: Ides levar hostias. Moitas. Non pasa nada, todos as levamos. Asumídeo e xa está. Non vos frustredes por unha bronca, un desplante, un desprezo. A xente no hospital está sometida a unha presión incrible e ás veces non actúa da mellor maneira. Non todos son boas persoas e cando hai que cargarlle algo a alguén, o que máis fácil queda é o R1. Non vos preocupedes. Simplemente aguantade a hostia (a non ser que sexa algo desproporcionado que requira medidas, enténdase), tentádeo tomar como algo produtivo (collede a mensaxe aproveitable diso), e seguide adiante.
  • Desexo: Que vos vaia moi ben. Que sexades felices. Que a pesar de traballar moito atopedes un ambiente alá onde vaiades onde vos sintades cómodos. E que sexa por moito tempo.

Benvidos!

3 comentarios:

  1. Creo que falta algo...
    Apuntadlo todo: los pacientes a los que tratáis, los cursos a los que asistís, las guardias que hacéis... algún día os resultará útil tenerlo todo a mano, ya sea para realizar vuestro CV o simplemente para saber cuantas hemicolectomías en pacientes ciegos hiciste en tu vida (hay estudios así de curiosos XD)

    ResponderEliminar
  2. Soy uno de los adjuntos de Laura, y no de los de mejor carácter, como ella dice. Todo lo que dice es cierto, hacedle caso.
    Como mucho diría que falta un paso previo:escoged MUY BIEN dónde vais a hacer la residencia. Que no os guíe seguir en casa con papá y mamá, que no os guíe dónde va vuestra pareja o vuestra/o amiga/o del alma, o si la ciudad es bonita o no, o tiene mar, o está en medio de la meseta más árida, o tiene Corte Inglés (verídico, un residente descartó Ourense por no tenerlo), o la vida nocturna es animada. Las parejas van y vienen. Los amigos se enfadan. La residencia son sólo cinco años como mucho. Tu especialidad es para siempre. O sea que primero de todo, elige lo que quieres hacer, lo vas a estar haciendo durante CUARENTA AÑOS, a veces a las 5 de la madrugada. Y luego, con tu número MIR, entérate de dónde lo puedes aprender mejor,así sea en la otra punta del país. Y si lo que te queda es una mierda y te lo puedes permitir, vuelve a presentarte, estudia más y consigue lo que quieres.
    Y otra cosita: que nadie confunda "ter boas relacións coa xente" con el compadreo ni mucho menos con el flirteo,especialmente con vuestros adjuntos/as. Bueno, sobre todo adjuntos, porque somos más gilipollas y babosos que nuestras compañeras. No es buena idea mezclar lo profesional y lo personal. Y lo que ganéis por un lado, lo perderéis seguro por otro.
    En todo lo demás, haced caso a Laura y os irá bien.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo: totalmente dacordo contigo. Pero os meus consellos ían máis ben orientados a ser unha guía de comportamento no hospital (como eu creo que debe ser) que a unha guía didáctica. Desas hai moitas. Nese caso engadería cousas como verte os casos clínicos o día antes, ir a ver os teus pacientes aínda que non che toque por programación... etc. Pero me eternizaría máis aínda!!! ;)

    E ao meu adxunto.... que intriga! Quen será.... En todo caso non me creo o do carácter. Eu nunca tiven o máis mínimo problema por chamar a quen fose á hora que fose.
    E efectivamente a iso me refería co das boas relacións.... un trato cordial e respectuoso con todo o mundo. Creo que así debe ser.

    Grazas aos dous polas vosas aportacións!!!

    ResponderEliminar